Manter a actividade na vivenda, clave para previr os roubos

PONTEVEDRA> Cada día róubase en España unha media de 352 domicilios. Este delito segue a ser o que máis medra no país, por iso, dende a Policía Nacional dan unha serie de consellos para disuadir aos ladróns.

 

“A miña casa a salvo”. Este é o lema baixo o que Policía Nacional e Garda Civil queren explicar á cidadanía como non ser cómplices involuntarios dos roubos nos seus fogares.

As vacacións son épocas do ano nas que os ladróns o teñen especialmente sinxelo para entrar nun domicilio. Por iso, finxir actividade na vivenda e non contar a moita xente que marchamos, poden axudarnos a previr desgustos.

Pero estas medidas poden ser insuficientes se a prevención non comeza máis aló da porta da nosa vivenda.

Se todas estas medidas fallan e, aínda así, somos vítimas dun roubo, hai cousas que non debemos esquecer para non entorpecer a investigación. Como, por exemplo, entrar á vivenda se a porta está forzada para evitar borrar pistas que axuden a atopar aos ladróns.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/22/prevencion_roubo_casas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/22/prevencion_roubo_casas.mp4{/flowplayer}