3º premio na illa
O terceiro premio da Lotaría de Nadal é o 90.693. Trátase dun número moi repartido, que caeu tamén na Illa de Arousa, entre outras moitas localidades galegas. Cada décimo está premiado con 50.000 euros.
5º PREMIO REPARTIDO NAS RÍAS BAIXAS
O número 60.649 da Lotaría de Nadal caeu en varios puntos da provincia de Pontevedra. En concreto, vendéronse décimos na administración da rúa Michelena de Pontevedra e tamén nos concellos de Sanxenxo e A Illa. Cada boleto está premiado con 6.000 euros.
No caso da adminitración de Pontevedra, venderon 45 series do número agraciado, é dicir, tocaron 1,7 millóns de euros.
outro quinto premio na illa
O número 77.715, premiado con 6.000 o décimo, tamén caeu na Illa de Arousa. Este quinto premio deixou tamén beliscos noutros puntos de Galicia, como no Porriño ou Fisterra.












