O pleno maniféstase contra a suba da peaxe AP9 e demanda a transferencia por parte do estado

Pontevedra> As tres mocións levadas ao pleno por BNG, PSOE e Marea en relación á transferencia da AP9 sairon adiante, co voto a favor de todos os partidos, agás do PP que se abstivo en cada unha destas iniciativas. O Goberno Local aceptou ademais unha emenda de Ciudadanos para incluír na moción solicitando que se axilice o nó dos bombeiros e o acceso á ponte das correntes.

A AP9 chegou pisando forte ao pleno da corporación, con tres mocións, unha do BNG, outra do PSOE e outra da Marea, onde con matices se solicitaban a transferencia desta infraestructura e a paralización da suba no tramo da peaxe de Pontevedra a Vigo.

Dende o PSOE quixeron na súa intervención lembrar o investimento anual que realizaba na nosa comunidade o goberno de Zapatero, 1100 millóns de euros ao ano fronte aos 250 millóns que realizan agora dende o PP.

Pola súa banda a Marea lembrou que o 70 por cento das autoestradas de España xa están no sector público, entre as excepcións está a AP9, un problema que sen dubida hai que resolver.

Ciudadanos dixo que votaría a favor destas mocións pero sempre e cando se aprobe a emenda que eles presenta, que así foi, centrada en axilizar o nó dos bombeiros e o acceso a ponte das correntes.

E pola súa banda o PP dixo que está moi ben que uns pidan unha cousa e outros outra, pero no que hai que centrarse é en unificar posturas polo ben común.

Finalmente estas tres mocións da AP9 saíron adiante cos votos a favor de todos os grupos agás o PP que se abstivo na votación das mesmas.