BOIRO> A consellería do Medio Rural e do Mar vén de convocar 37 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Cabo de Cruz. Das 37 prazas que se convocan reservaranse dúas para persoas que acrediten circunstancias socioeconómicas de especial necesidade. Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ó marisqueo, especialmente no contexto económico actual. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir de hoxe, despois da súa publicación no taboleiro de anuncios da xefatura territorial e na páxina web da Consellería.
Inicio Barbanza - Muros - Noia







