Francisco Conde pon a Congalsa como exemplo de innovación tecnolóxica e internacionalización

    POBRA> O Conselleiro de Economía e Industria visitou as instalacións da empresa Congalsa no polígono da Tomada. Francisco Conde destacou a aposta desta firma pola innovación coa que están a acadar resultados mellores cada ano . Congalsa manexa unha previsión de facturación de setenta e dous millóns de euros para este ano, cifra que supón un dez por cento de incremento con respecto ó anterior exercicio. O crecemento non é casual senón que é froito do importante esforzo inversor da empresa en innovación tecnolóxica. O Conselleiro de Economía e Industria, que tivo ocasión de visitar a planta da Tomada, destacou precisamente o carácter innovador desta compañía así como a súa aposta pola internacionalización. Outra das claves do éxito de Congalsa reside na súa aposta polo emprego estable con consolidación de máis de trescentos postos de traballo e a implicación social en beneficio non só do concello da Pobra senón de toda a comarca do Barbanza.