Conflito á vista polos lindes entre os pósitos da Pobra e Cabo de Cruz

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/23/conflitoconfrariaspobracabodecruz230414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/23/conflitoconfrariaspobracabodecruz230414.mp4{/flowplayer} POBRA> Segundo o patrón maior pobrense esta mañá unhas trinta embarcacións pertencentes ó pósito de Cabo de Cruz traballaban nos límites da confraría da Pobra, na zona de Punta Peralto. O patrón maior pobrense, Manuel Maneiro, sinalou que foi informado do que estaba acontecendo polos propios mariñeiros da confraría, que observaron esta mañá como ó redor dunhas 30 embarcacións pertencentes ó pósito crucense estaban a traballar dentro dos seus límites, na zona de Punta Peralto en Escarabote, nas proximidades do club Náutico. Segundo el esta práctica estase a converter en bastante habitual, no último mes déronse xa tres veces. Ademais de denuncialo xa ante a consellería do Mar, para que os Gardacostas realizasen vixilancias na zona, ten previsto remitirlle tamén un escrito ó seu homólogo crucense, Carmelo Vidal, para que tome cartas no asunto e arranxe este problema. Maneiro teme que a situación vaia a máis e poida desencadear un enfrontamento entre os propios produtores de ámbolos dous pósitos. Parécelle ademais anecdótico que unha confraría como a de Cabo de Cruz, que dispón de seis ou sete veces máis terreos para traballar ca eles invadan as súas zonas. Algo polo que non está disposto a pasar.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí