PSOE e EU non asistirán ás xuntas de voceiros para denunciar a censura do goberno

    VILAGARCÍA> En Vilagarcía, o entendemento entre goberno e oposición é cada vez máis complicado. PSOE e Esquerda Unida veñen de anunciar que non participarán nas xuntas de voceiros previas aos plenos, denunciando a censura das súas mocións por parte do executivo. Para o alcalde, esta decisión non é máis que unha rabieta.

     

    O enfado da oposición é monumental.

    Segundo Esquerda Unida e PSOE, así foi como a voceira popular desbotou dúas das súas suxestións: unha moción para a mellora do firme da rúa Valle-Inclán, e a proposta dos socialistas para que as mocións se debatan nas comisións informativas.

    Por iso, ambas formacións non acudirán ás xuntas de voceiros previas aos plenos ata que haxa un cambio de actitude do goberno.

    Pero polo de momento, o achegamento parece complicado. Tras coñecer esta decisión, Fole calificábaa de rabieta.

    As críticas do alcalde foron máis aló, e acusou á oposición de falta de dilixencia no seu traballo.

    A pesares disto, Tomás Fole anunciou que buscará un acordo cos tres grupos da oposición para plantexar unha moción conxunta sobre a reforma dos partidos xudiciais, que xa se presentaría no vindeiro pleno.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/23/oposicion_pleno_villa_230414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/23/oposicion_pleno_villa_230414.mp4{/flowplayer}