Os empresarios do Salnés buscan contactos na maior feira de México

    SALNÉS> Avanzan os contactos dos empresarios do Salnés en México. Unha tarefa que facilita o stand da Macomunidade na Feira de San Marcos, un evento que fai de escaparate inmellorable para que as empresas amosen os seus produtos.

     

    Con máis de 8 millóns de visitantes, a Feira de San Marcos en Aguascalientes é un escenario inmellorable para o desembarco dos empresarios do Salnés en México.

    Tomando o stand como base de operacións, moitos empresarios xa comezaron a facer os seus contactos en México. Un país que ofrece innumerables oportunidades.

    Para o presidente da FECA, México ten unha forte necesidade de produtos e servizos de primeira calidade como os que ofrecen os empresarios da comarca. De aí que os anime a atreverse a dar o paso.

    Vilanova Peña instou a aproveitar oportunidades como estas viaxes, que permiten aos empresarios realizar os seus primeiros contactos da man da Mancomunidade do Salnés.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/24/feira_aguascalientes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/24/feira_aguascalientes.mp4{/flowplayer}