REMAGRO alberga producción de ameixa e berberecho desde a I+D+i

    O GROVE> O Director Xeral da Axencia Galega de Innovación e o Presidente de ANFACO veñen de supervisar no Grove a evolución dun proxecto innovador de producción de ameixa e berberecho en hatchery. A evolución deste proxecto, tal cal está formulado, suporá unha importante mellora na competitividade para as pemes do sector mar-industria.

    A empresa REMAGRO de San Vicente no Grove está a desenvolver un proxecto pioneiro de I+D+i na mellora integral da producción de ameixa babosa e berberecho. Este proxecto Bivalplus conta co apoio científico-técnico de ANFACO-CECOPESCA e co financiamento do Centro para o Desenrolo Tecnolóxico Industrial e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é incrementar a eficiencia e a rendibilidade do ciclo productivo da ameixa babosa e do berberecho nas súas distintas fases da cadea de valor: desde o cultivo en criadeiro, pre-engorde, depuración e transformación. Este proxecto inclúese dentro do Programa FEDER-Innterconecta para Galicia. Iniciouse en abril do 2013 e finalizará no primeiro trimestre do 2015. Entre os aspectos nos que se fai fincapé no control da evolución destes dous bivalvos destaca o aumento da calidade destes productos que nos últimos anos baixaron de xeito expoñencial a súa productividade; debido, fundamentalmente a súa escasa resistencia á persistencia de fenómenos meteorolóxicos adversos, como as chuvias prolongadas que diminúen a salinidade das augas ou certas brotes de enfermidades. Ca optimización das distintas fases do proceso productivo nesta cadea mar -industria; as empresas galegas intentarán gañar terreo nos mercados internacionais grazas á investigación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/hatcheri.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/11/produccion_ameixa_berberecho.mp4{/flowplayer}