Sobral promete facer de Poio un ‘Concello aberto’

    sobral_baston100.jpgPOIO> Un Luciano Sobral emocionado prometeu traballar por facer de Poio un Concello aberto e de tódolos veciños. Levantando de novo o bastón de mando,…

    {flowplayer}images/salnes/poio_investidura.flv{/flowplayer}

    POIO> Un Luciano Sobral emocionado prometeu traballar para facer de Poio un Concello aberto e de tódolos veciños.

    Levantando de novo o bastón de mando, o nacionalista deu a benvida ós novos edís que forman parte da corporación local. O seu primeiro compromiso foi seguir estando ó lado dos colectivos sociais do municipio.

    No pleno de Poio votouse en urna para elixir o novo alcalde e Luciano Sobral contou ademais do seu grupo co PSOE, cousa que agradeceu persoalmente a Consuelo Besada, retrasando uns segundos a recepción do bastón de mando. Nesta ocasión non existe inda pacto nin preacordo de goberno entre BNG e PSOE, pero a portavoz socialista xustificou o respaldo á investidura de Sobral nos apoios que recibiu o 22 de maio, sendo a nacionalista a candidatura máis votada.

    O popular Javier Domínguez felicitou e desexou sorte ó novo alcalde pero advertiulle que vixiarán os seus pasos. Para Sobral este será o seu quinto mandato consecutivo no Concello de Poio.

    Redacción Salnés