O BNG presenta un Plan para mellorar a situación do desemprego

    RIBEIRA> A proposta inclúe máis de cen medidas para crear postos de traballo, e evitar que moita xente, especialmente mozos, se vexan na obriga de emigrar. O BNG de Ribeira levará ó vindeiro pleno unha moción con máis de cen medidas para a creación de emprego no municipio. É o seu particular Plan de Emprego, que lle presentan ó executivo local, coa finalidade de mellorar as elevadas taxas de paro na localidade, máis de dous mil desempregados, na súa maioría mozos, ós que a falta dun posto de traballo os está a obrigar a ter que emigrar. As cen medidas presentadas van dirixidas a diversos ámbitos de actuación como pode ser o ensino, a través de novos ciclos formativos que satisfagan a demanda existente; o empresarial, con rebaixas fiscais para aqueles pequenas empresas que xeren postos de traballo estables e con condicións dignas; ou ós servizos sociais, con programas de atención a persoas dependentes ou a creación dun fondo social de emerxencia para axudar a aquelas familias máis desfavorecidas, entre outros.

    Comments are closed.