Valle Inclán protagoniza o primeiro intercambio cultural Vilanova-Aguascalientes

    SALNÉS> Presentación de parte dos froitos que xa está a dar o irmanamento forxado entre a localidade mexicana de Aguascalientes e Vilanova de Arousa, froitos polo de agora no plano cultural e que xa van encamiñando os económicos cos contactos empresariais que se están a realizar na Feira de San Marcos. Mentres, como diciamos, no plano cultural, estes días impartiuse unha conferencia sobre o escritor vilanovés Ramón María del Valle Inclán. O primeiro acto cultural froito do irmanamento entre Aguascalientes e Vilanova de Arousa non podía ter outro protagonista: o escritor vilanovés Ramón María del Valle Inclán. O neto do autor, Joaquín del Valle Inclán Alsina, foi o encargado de impartir unha ponencia centrada nas influencias das que bebe a obra do vilanovés. A cita tivo como escenario o Museo Rexional de Historia de Aguascalientes e desde a localidade xa traballan na organización de novas visitas de Alsina a centros educativos. Mentres, os contactos a nivel económico seguen progresando, ata o punto de que os empresarios arousáns desprazados á localidade mexicana xa comezaron a establecer reunións a título individual con operadores locais, sen o apadriñamento de autoridades. O presidente da Mancomunidade insistiu en que España é a porta de entrada lóxica ós produtos que veñen de Latinoamérica cara Europa. Non por facilidades de transporte senón tamén por compartir idioma no que comunicárense importadores e exportadores. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/valleinclanaguascalientes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/CULTURA_DELEGACION_AGUASCALIENTES.mp4 {/flowplayer}