O PSOE da inicio a pre campaña electoral en Vilagarcía

    candidatospsoe_100jpg.jpgVILAGARCÍA > Cando aínda falta máis dun mes para as elección xerais, os partidos xa quentan motores na carreira das eleccións xerais, …

    … que tamén deixan a súa pegada nas provincias do país. Os socialistas de Pontevedra reuníronse esta fin de semana en Vilagarcía para presentar ós candidatos do partido pola provincia ó congreso. O nome dos candidatos xa se fixera público hai dúas semanas, pero así e todo o PSdG –PSOE vilagarciá quixo celebrar un acto para dar conta dos candidatos a afiliados e simpatizantes, e co que tamén dan inicio a pre campaña electoral na comarca.

    Domingo Miguel Tabuyo, profesor de Historia e concelleiro de Cambados é o número tres da lista dos socialistas en Pontevedra. De ter os votos suficientes o PSOE será o encargado de representar á comarca do Salnés en Madrid. O político cambadés referiuse na súa presentación á labor da política en materia social do PSOE, e tamén falou da marea socialista que viviu España dende o 14 de marzo do 2004.

    O número un dos socialistas pontevedreses, Antón Louro, quixo resaltar no acto os avances e políticas acadadas polo PSOE en España. A creación de emprego, o crecemento económico, e a suba do salario mínimo interprofesional e das pensións, foron segundo o político, os puntos fortes do partido durante o seu mandato. Edil no concello de Pontevedra, a Antón Louro seguirano na lista de Pontevedra ó Congreso a socialista Marta Estrada Ibars. En total serán sete candidaatos ó que hai que engadir outros seis para o Senado.

    Redacción Salnés