Cinco planeadoras foron sabotadas no peirao pobrense

    POBRA> Todas elas apareceron cun buraco do mesmo tamaño no casco. Ninguén no pósito se explica os motivos que puideron levar a alguén a acometer esta acción. Con enfado e rabia, os propietarios das cinco planeadoras que resultaron sabotadas esta pasada fin de semana no peirao da Pobra trataban de retiralas da auga e levalas a un lugar seguro na rampla. Terán que afrontar agora un importante desembolso, xa que o gasto da reparación das mesmas é importante. As cinco presentaban un buraco practicamente do mesmo tamaño no seu casco, e dúas delas, que acabaron no fondo do mar, haberá que sumárselle tamén o arranxo dos motores que resultaron afectados. Dase a circunstancia que non é un caso aillado. Manuel Maneiro, non daba creto do acontecido e non chegaba a explicarse cales poderían ser as causas desta sabotaxe.O que si pide son maiores medidas de vixilancia no peirao.