Tres novos monolitos lembran a Rey Romero no paseo marítimo de Rianxo

RIANXO> O paseo marítimo de Rianxo conta con tres novos monolitos dedicados a Faustino Rey Romero. Estas pezas véñense sumar ás esculturas coas que xa se lembraba a outros autores rianxeiros así como a recente creación de Nuco sobre a Santa Compaña. Procedeuse tamén á instalación de luminarias e paneis interpretativos da flora e da fauna. No marco dunha subvención autonómica para a renovación de insfraestruturas turísticas, o concello de Rianxo apostou por unha mellora integral do paseo marítimo. Trs novos monolitos, dedicados a Faustino Rey Romero, véñense sumar ó resto de esculturas e bustos que lembran a outros ilustres rianxeiros neste espazo. Esta non foi a única actuación que se acometeu con cargo á subvención. Procedeuse tamén á instalación de puntos de luz na zona das terrazas do paseo da Ribeira para mellorar a visibilidade neste espazo tan concorrido. Por último, colocouse unha serie de paneis interpretativos sobre a biodiversidade existente ó longo do litoral rianxeiro con información detallada sobre a fauna e aflora autóctona.