Avanzan a bo ritmo as obras do sendeiro do Río Breiro que contectará Mañóns co núcleo urbano

BOIRO> O concello de Boiro está a executar a primeira fase das obras de recuperación dos sendeiros que conectan o río Breiro con Mañóns. As obras, orzamentadas en máis de cen mil euros, céntranse no treito comprendido ata Exipto.

Avanzan a bo ritmo as obras de recuperación dos sendeiros do río Breiro ata Mañóns. Nesta primeira fase estase a traballar no treito entre a praia e Exipto cun investimento de cen mil euros.

O obxectivo dos traballos é acondicionar os camiños rurais mellorando a conexión da praia de Mañóns co núcleo urbano, favorecendo a mobilidade peonial e ciclista e buscando a integración paisaxística. Con este fin, crearase unha senda de chan eco estable con base de saburra natural e chan remado en area-cemento.

O proxecto cunha subvención de 80 mil euros da Axencia Galega de Turismo a través do Plan do Embelecemento do Litoral mentres que os 20 mil restantes son aportados polo concello.