Boiro será anfitriona dun novo programa Comenius

    BOIRO> Unha trintena de rapaces de diveros países europeos vivirán durante uns días con familias boirenses. Os nervios e os últimos preparativos invaden o instituto da Cacharela de Boiro, porque soamente quedan sete días para recibir ós alumnos alemáns, polacos e franceses que xa visitaron meses atrás. Este intercambio está dentro do proxecto Comenius, que promove a mobilidade e a cooperación entre centros educativos de primaria e secundaria en Europa. O director, Mariano Muñiz, acompañado polo claustro falounos dos aspectos positivos desta vivenza. O alumnado mostrouse moi satisfeito da súa experiencia no extranxeiro e agora queren devolverlle o bo trato recibido, achegándolles o Barbanza, Santiago, A Coruña, a nosa gastronomía e a nosa cultura. O profesorado asegurou que despois de vivir este Comenius, volverá a apoiar novas iniciativas deste tipo.