Ribeira conmemora o día da danza cunha xornada de portas abertas

    RIBEIRA> O concello de Riveira conmemorou este martes, como cada 29 de abril, o Día Internacional da Danza cunha xornada de portas abertas da Escola Municipal de Ballet. Numerosos pais e nais achegáronse a aula situada no Conservatorio de Música para presenciar as evolucións dos seus pequenos, baixo as instruccións da profesora Cristina Riveiro. O Día Internacional da Danza foi instaudado en 1982 por iniciativa do comité de Danza Internacional do Instituto Internacional de Teatro pertencente á UNESCO. A data elixida lembra o día de nacemento de Jean-Georges Noverre, considerado o máis valioso coreógrafo da súa época.