Confirmada a identidade do último dos cadáveres do Santa Ana

    MUROS> Os restos humanos achados o 6 de abril xunto ó barco pesqueiro Santa Ana, que afundeu o 10 de marzo frente a costa asturiana de Cabo Peñas, pertencen ó mariñeiro muradano Manuel Tajes. Así o confirmou o Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses tras cotexar as mostras de ADN dos restos cas dos seus fillos, e comprobarse unha probabilidade de paternidade do 99’9%. O maxistrado do Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 7 de Avilés procedeu a informar ós familiares máis directos. Manuel María Tajes foi o último dos falecidos en aparecer. O naufraxio cobrouse a vida de 8 dos 9 tripulantes que Ían a bordo do pesqueiro con bandeira portuguesa.