O BNG pide que se garanta o servizo de pediatría durante o verán

    POBRA> BNG da Pobra denuncia a ausencia de pediatra durante o mes de xullo no centro de saúde da localidade. Solicitan ó concello que inicie os trámites ante a administración autonómica para dar cobertura a este servizo mentres o médico titular está de vacacións. Os nacionalistas fanse eco das queixas presentadas por varias familias ante a falla dun pediatra no mes de xullo. Os nenos teñen que ser atendidos polos médicos de cabeceira posto que non se procede a cubrir as vacacións deste especialista. Non é unha situación nova senón que cada verán repítese o problema sen que as administracións procedan a darlle unha solución. Á falla de persoal súmase o mal estado das instalacións do centro de saúde, moi deterioradas polo escaso mantemento. Por estas razóns, presentaron un escrito no concello solicitando ó goberno local que inicie os trámites para a posta en marcha dun plan de mellora de servizos no centro sanitario.