Gonzalo Trenor supevisa os traballos realizados polo obradoiro de emprego Lousame-Noia

LOUSAME> Na experiencia formativo-laboral financiada pola Xunta están a participar naunhas vinte persoas que están a adquirir coñecementos na especialidade de aproveitamento forestal.

O mal tempo non impediu que o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado da alcaldesa, Teresa Villaverde, se achegaran a comprobar parte dos traballos que estiveron realizando os alumnos do obradoiro de emprego na especialidade de aproveitamento forestal. En concreto, estiveron realizando traballos de mellora de espazos públicos en ámbolos dous municipios, como é o caso do entorno de San Lourenzo.

A alcaldesa agradeceu a axuda da Xunta para poder desenvolver este obradorio, que ofrece ós seus participantes grandes posibilidades de acceso ó mercado laboral,  nun sector ademais coma o forestal con ampla demanda nas empresas da zona.

A experiencia formativo laboral, que comparten Lousame e Noia, está a piques de concluír. En teoría eran nove meses de formación, que se iniciaron xa en novembro, pero a chegada da covid, fixo que se paralizara durante un tempo, debido ó decreto do estado de alarma, para retomar posteriormente de novo a actividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí