A organización ultima os preparativos da Copa Sálvora

RIBEIRA> A competición, que se desenvolverá a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, estrá amadriñado pola xogadora Verónica Boquete. Todo está xa practicamente preparado para acoller un ano máis esta competición que se desenvolverá nas instalacións deportivas da Fieiteira a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. O torneo, que xa se está a facer un oco no calendario de torneos de fútbol base de Galicia, contará un ano máis coa colaboración da futbolista Verónica Boquete que volverá a exercer de madriña do evento. As categorías que tomarán parte nesta ocasión serán as Alevín, Benxamín e Prebenxamín. En total máis de 900 niñ@s de diferentes puntos da xeografía galega. A inscrición poderá realizarse ata o 24 de maio, a excepción de que as 16 prazas coas que se conta en cada categoría se atopen xa cubertas. Para máis información pode consultarse a páxina web do evento: www.copasalvora.com.