Os polígonos da ría de Muros-Noia continúan pechados

    MUROS> A extracción de mexillón na ría de Arousa tamén está paralizada na súa maior parte. O peche de numerosos polígonos de bateas a consecuencia da marea vermella está a aumentar significativamente nos últimos días. Segundo os expertos débese fundamentalmente ós ventos do sur e ó efecto das mareas vivas. Algo xa habitual nos últimos anos por esta época. A totalidade dos polígonos da ría de Muros-Noia están pechados e na de Arousa a extracción de mexillón está paralizada tamén á súa maior parte. Segundo o patrón maior muradán as expectativas de cara ós próximos días non son moi boas, aínda que se realizan mostras case a diario para determinar a evolución da toxina. Dase pois unha situación complexa para os produtores de mexillón, que como a maioría do sector pesqueiro e marisqueiro, non están a pasar polo seu mellor momento.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí