Ribeira suma hoxe 19 casos activos por covid

RIBEIRA> Ribeira segue tamén con preocupación o incremento dos casos activos. Segundo o alcalde, Manuel Ruíz, o peche perimetral que afecta á Pobra nestes momentos vai beneficiar ós concellos limítrofes, debido á interrelación que manteñen os municipios na comarca.

O rexedor ribeirense informou que polo de agora o Sergas non ten en mente realizar un novo cribado poboacional no municipio, aínda que de aumentar os casos activos, non se descartaría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí