Boas sensacións no arranque do marisqueo a flote na Pobra

    POBRA> Os mariscadores de a flote da Pobra volvían ás súas concesións tralo peche do libre marisqueo hai un mes. As sensacións nesta primeira xornada foron bastante boas, acadando os topes de ameixa babosa. Pola contra, a fina escasea. Medio cento de embarcacións iniciaron a campaña de marisqueo a flote nas concesións da Pobra. Bo arranque no que se refire á ameixa babosa mentres que a fina segue escaseando igual que nos anos anteriores. A posibilidade de completar a actividade con especies complementarias como o reló augura unha boa campaña para os pobrenses aínda que un ano máis terán que lidar co limitado da superficie da que dispoñen. A revisión das concesióna para conseguir unha maior área de traballo, en función do número de socios, é xa unha histórica reclamación do pósito. Á espera de conseguir unha maior produtividade, a confraría pobrense traballa na mellora da comercialización. É por isto que volverán vender durante esta campaña na lonxa de Ribeira, onde a centralización de produtos d evarios pósitos permite acadar unha cotización máis alta.