Vilanova converterá o pavillón de deportes nun multiusos

    VILANOVA> O goberno local vai insonorizalo para mellorar as súas condicións e non descarta nun futuro reformar o pavimento e cambialo por parqué. Este verán poderían comezar as obras de reforma no pavillón de deportes de Vilanova para convertelo nunha instalación apta para acoller concertos, bailes e calquera tipo de evento que requira unhas boas condicións acústicas. O espazo xa ten acollido bailes de fin de ano, festas de entroido, pero o son deixaba moito que desexar. Para poñer solución, o goberno local encargou un proxecto de insonorización que suporá instalar un falso teito e revestir as paredes cun material poroso que evite o rebote do son. O custe da obra cubrirase en parte con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra. Máis adiante non descartan seguir acondicionando o pavillón coa substitución do pavimento por parqué. Cambios, segundo o alcalde, compatibles coa práctica deportiva. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/02/pavillonvilanovainsonorizacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/02/PAVILLON_DEPORTES_VILANOVA020514.mp4 {/flowplayer}