Medio Rural entrega os títulos da concentración parcelaria de Vilariño

     CAMBADOS> Supuxo a reorganización da propiedade de 1.225 parcelas existentes inicialmente a tan só 502 fincas

    {flowplayer}images/salnes/TitulosParcelariaVilarino_140513.flv{/flowplayer}

    Os traballos realizados na zona concentrada, na parroquia de Vilariño, supuxeron un investimento de máis de 900.000 euros, dos cales a meirande parte corresponden á execución das obras da rede de camiños e ao acondicionamento das fincas.

    Foron entregados títulos a 329 propietarios, reoganizáronse 1.225 fincas para convertelas en 502 parcelas. Segundo o Director Xeral de Medio Rural, Antonio Crespo, a concentración parcelaria permite modernizar as explotacións hortícolas e de viñedo, mellorar as vías de comunicación entre fincas, axudar a prever os incendios forestais e aumentar o valor da base territorial.

    Tanto o alcalde Luís Arangunde e o delegado José Manuel Cortes Tourís tamén destacaron a importancia de facer esta concentración para optimizar recursos.

    Coa finalización da concentración parcelaria de Vilariño, o municipio de Cambados ten xa dúas zonas de concentración rematadas, aínda que está en marcha outro proceso de concentración na zona de Oubiña-sector II.

    Redacción Salnés