Zona Aberta estrea puntos de información na rúa

    VILAGARCÍA> Consultar a axenda cultural do día, coñecer que roupa ou que calzado temos de oferta na cidade ou onde comer ese día. Son algúns dos datos que desde mañá tódolos cidadán e turistas que pasen por Vilagarcía poderán consultar nos puntos de información de Zona Aberta. Polo de agora dous ós que en breve se sumará un móbil e que irán ampliando prestacións en función da demanda e das consultas dos usuarios. Un convenio entre Zona Aberta e Arousa TV permitirá que nos próximos tres anos, os cidadáns e visitantes que paseen por Vilagarcía poida consultar a pé de rúa toda a oferta cultural do día, qué mercar nos establecementos que integran a asociación de comerciantes ou onde comer ou cear. Son algúns dos datos que ofrecen os dous puntos de información que Zona Aberta e Arousa TV veñen de recuperar e que mañá comezarán a funcionar. Hoxe xa se podían consultar en fase de probas, e polas primeiras reaccións dos viandantes, sospeitan que estes puntos van ter moito éxito. Polo de agora ofrecen información en castelán aínda que planean ir ampliando a novos idiomas. Tamén se fará seguimento das consultas máis habituais para ir ampliando e modificando as prestacións en función das demandas dos usuarios. A estes dous puntos de información situados un na praza de Galicia e outro na de España sumarase en breve outro móbil que agradan desprazar pola cidade aproveitando a celebración de grandes eventos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/02/PUNTOINFOZONAABERTA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/02/GUIA_TURISTICA_ZONA_ABERTA.mp4 {/flowplayer}