A feira do viño Castes contará este ano con máis de 70 adegas e unha cata internacional

VILAGARCIA> Máis de 70 adegas de todo o mundo participarán cos seus viños no feira vitivinícola Castes. Entre elas achegaranse a Vilagarcía, 10 marcas francesas produtoras de champaña. A feira inclúe obradoiros, catas, un túnel do viño e un concurso internacional.

Os amantes do viño volverán a Vilagarcía para gozar con caldos de todo o mundo. Na vila terá lugar a celebración da quinta edición de Castes, o festival de viño independente. Nesta ocasión participarán máis de 70 viños.

A feira comezará o día 23 de novembro cunha precata con todos os viños participantes no Castes, de aí sairán os viños gañadores da edición. Esta non será a única competición da feira. Xa que o domingo terá lugar unha cata internacional cun xurado profesional.

O castes inclúe obradoiros e talleres durante toda a semana. O domingo ademais, trala entrega de premios terá lugar o Wine Fest, con actuacións en vivo e zona gastronómica. Unha feira que pon a Vilagarcía no primeiro nivel do sector vitivinícola.

A feira non rematará o día 28. A fin de semana seguinte, o 5 e o 6 de decembro terá lugar o túnel do viño con todos os caldos da feira. A entrada é gratuíta pero require de inscrición previa. Dende a organización do Castes advirten a que a programación aínda non está pechada e pode haber máis sorpresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí