Conclúen as obras de pavimentación na rúa Parte ó Río

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de pavimentación e renovación de servizos no lugar de Parte ao Río, na parroquia de Carreira. Esta actuación contou cun investimento de máis de 200 mil euros e foi executada pola empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L.. As obras consistiron na substitución do deteriorado pavimento por outro novo. Aproveitouse tamén as obras para cambiar tamén as vellas tubaxes de saneamento e un novo para pluviais e fecais. A actuación formaba parte do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.