LOUSAME/BOIRO> A ruta estaba organizada polos concellos de Lousame e Boiro conxuntamente.
Un total de 183 persoas participaron o pasado sábado 3 de maio na ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo, organizada conxuntamente polos Concellos de Lousame e Boiro. Unhas cifras de participación que son todo un éxito, xa que supoñen un incremento de máis do 46% con respecto á primeira iniciativa celebrada en 2013, con idéntico camiño pero en sentido contrario e no que participaran 125 veciños. Os sendeiristas pasaron pasadas as 9.30 horas das minas de San Finx para percorrer uns 12 quilómetros en algo máis de catro horas de camiñada. Un camiño no que os camiñantes gozaron sobre todo da riqueza paisaxística de Lousame e de Boiro, desde panorámicas espectaculares da ría ata unha variada selección de bosques. No remate da ruta, os sendeiristas visitaron os petróglifos da Laxe do Agoeiro e a ermida de San Ramón de Bealo.