RIANXO> Para os socialistas trátase dunha situación que se vén dando dende hai tempo, pero que se veu agravada nas últimas semanas, e que urxe solucionala.
Recentemente veñen de presentar unha iniciativa a través do seu grupo parlamentario reclamándolle á Xunta a reapertura do consultorio de Taragoña, unha medida que para eles podería solucionar en parte a situación actual que padece o centro de saúde de Rianxo.
Esta tarde-noite estaba prevista unha concentración diante do Centro de Saúde convocada por Rianxo en Común.
Lonxe de entrar en polémicas, dende o PSOE entenden que habería que buscar unha postura de unidade de tódolos grupos con representación municipal da man da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, para facer máis forza ante a Administración con competencias nesta materia, que neste caso é a Xunta.