BOIRO> Entre a oferta formativa que se dará figuran turismo, administración e xestión ou industria alimentaria de produción e envasado.
Por segundo ano consecutivo o concello de Boiro porá en marcha o programa ‘Boiro Emprega’. Este ano a proposta estará destinado exclusivamente a mulleres que deberán estar en situación de desemprego e inscritas como demandantes de emprego. A oferta de prazas ascende a un total de cen. Entre a oferta formativa figuran turismo, administración e xestión ou industria alimentaria de produción e envasado.
Dende o Concello destacaron a alta porcentaxe de inserción laboral acadada durante o pasado ano de preto dun 70%.
O prazo de inscrición no programa xa está aberto. Para máis información e inscricións as interesadas poden consultar a paxina web do Concello: www.boiro.gal.