RIANXO> A confraría de Rianxo solicitou a ampliación do proxecto de asfaltado da explanada portuario a dous novos treitos para garantir a seguridade dos usuarios. Piden ademais a Portos que acometa dunha vez por todas a reordenación da dársena.
Satisfacción no seo da confraría de Rianxo tralo anuncio da licitación do proxecto de renovación do firme na explanada portuaria. Dende o pósito solicitaron a ampliación dos traballos a outros dous treitos non incluídos inicialmente no proxecto.
Ademais da mellora do firme dende a confraría insisten na necesidade de acometer a reordenación da dársena.











