RIBEIRA> Membros da formación nacionalista mantiveron esta mañá unha reunión de traballo cos patróns maiores de Ribeira e Aguiño na que se analizou esta problemática. A reunión mantida na sede do pósito ribeirense serviu para recoller o malestar existente no sector do mar da localidade cun problema que lles afecta en gran medida como é a falla de regularización na potencia das embarcacións. Tanto o pósito de Ribeira coma o de Aguiño veñen incidindo na necesidade de acometer un cambio na actual normativa xa que existe unha regularización homoxénea para todo o ámbito estatal, sen atender as especificidades da nosa costa. Para os nacionalistas non é un problema novo, e remóntase a máis de dez anos. Durante este tempo foron moitas as iniciativas presentadas no Congreso e tamén no Parlamento Galego sobre este asunto obténdose sempre a calada por resposta. Dende o BNG consideran que a Xunta debería tomar cartas tamén neste asunto, xa que ela ten as competencias en augas interiores. Para o deputado Daniel Rodas non existe vontade nin compromiso por parte do Goberno Galego en soluciona reste problema.
Inicio Barbanza - Muros - Noia