Deporte e solidariedade únense na XI Carreira Popular Virxe da Guía

RIBEIRA> A organización entregará a Caritas Parroquial alimentos, roupa e útiles de aseo.

O día das Letras Galegas celebrarase a carreira popular Virxe da Guía, unha das cinco competicións que forman parte do Circuíto de Carreiras Populares de Ribeira. A cita deportiva conta con diversas novidades nesta nova edición como a ampliación do percorrido desde os 5 ós 10 quilómetros. Terá inicio e fin na zona da Capela e atravesará O Vilar, Vixán, A Graña, Listres e Sabartán. As categorías escolares abarcarán os nados entre 1999 e 2010, os cales realizarán percorridos moito máis pequenos e estarán exentos de pagar inscrición. Todos aqueles que desexen participar poderán anotarse ata o vindeiro día 15 na web do club organizador www.virxedaguia.org.Os organizadores conscientes da importancia de axudar o próximo nestes tempos tan difíciles, contará cunha vertente solidaria colaborando cunha ONG da zona. Piden a colaboración dos atletas e do público para realizar diversas aportacións ó longo do día.Polo momento esta cita deportiva xa conta con 150 inscritos e convidan a todos a gozar desta festa do atletismo. Co obxectivo de animar a competir a moitos pais e nais, na organización pensaron unha orixinal idea para coidar os rapaces chamado Servizo de Avoas.