A Liga Eusko Label chega este sábado ó Cabo da Cruz coa disputa da IV Bandeira Barbanza-Arousa

BOIRO> Un ano máis a Liga ACT, a competición de remo máis importante a nivel nacional chega ó Cabo de Cruz. E faino a pesar de que a traíña local, despois de tantos anos nesta competición, non participa tras o descenso da última edición.

Nesta ocasión disputarase a cuarta bandeira Barbanza –Arousa. A cita será este vindeiro sábado, a partir das seis e cuarto da tarde.

A proba é posible grazas ó patrocinio da mancounidade Barbanza-Arousa que ve nesta competición unha foma destacada de promocionarse coma destino turístico debido ó seu tirón, especialmente na cornisa cantábrica.