Vintesete adegas da D.O. Rías Baixas lucirán encantos nunha xornada de portas abertas

PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas únese a unha nova edición da Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Por terceiro ano, 27 adegas da Denominación de Orixe abrirán as súas instalacións ao público xeral os días 31 de maio e 1 de xuño, ofrecéndolles un amplo programa de actividades.

 

Paisaxes, aromas, patrimonio e, como non podía ser doutro xeito, viños. Todo estará á man do público que o 31 de maio ou o 1 de xuño participen na Xornada de portas abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. Por terceiro ano, a Ruta decidiu participar nesta actividade, á que se apuntaron 27 adegas das subzonas do Ulla, O Salnés, O Condado e O Rosal.

A oferta inclúe visitas guiadas e degustacións, ademais doutras actividades como sendeirismo, picnic nos viñedos ou concursos. Como novidade, este ano a Ruta da tamén facilidades para o transporte, con autobuses que sairán de Pontevedra, Vigo e Santiago.

E nesta edición, a Ruta mira tamén cara as redes sociais, realizando sorteos entre as persoas que compartan en Facebook fotografías das visitas.

O prazo de inscrición nas actividades xa está aberto e, segundo o seu presidente, está a ter unha excelente acollida entre o público.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/07/programacion_ruta_vino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/07/programacion_ruta_vino.mp4{/flowplayer}