Remata o xuízo polo crime de Chancelas

PONTEVEDRA> Rematado o xuízo polo crime de Chancelas que transcorreu durante esta semana na Audiencia Provincial de Pontevedra. A espera do veredicto que se dará a coñecer previsiblemente o luns, a acusación particular aumentou ata os 25 anos a pena para as súas acusadas mentres que a defensa de Rocío pide un eximente por anomalías psíquicas e a de Albertina a libre absolución ou tres anos de cárcere por encubrimento.

 

Esta mañá remataba o xuízo polo asasinato de Secundido, o ancián de Chancelas en Poio que morría a golpes fai dous anos ás portas da súa casa presuntamente a mans de dúas mulleres, a súa coidadora e unha amiga desta. Tralas declaracións das acusadas, gardas civís, peritos e médicos o xuízo espera agora o fallo do xurado popular que se dará a coñecer previsiblemente o luns.

Tralas probas aportadas por ambas partes o avogado da Rocío manifestaba que o xurado debe ter en conta os informes médicos presentados nos que queda patente unha anomalía psíquica e o seu arrepentimento polo crime.

Porén estes informes non son válidos para a fiscal do caso que cre foron desestimados polos presentados polo IMELGA.

A acusación particular aumentou por agravantes a súa petición de cárcere para as dúas acusadas de 20 a 25 anos e a anulación do testamento de Secundino, mentres que as defensas piden para Rocío o eximente por anomalías psíquicas e para Albertina a libre absolución e, de non ser así, tres anos de cárcere por encubrimento.

Para Carmen Novo no xuízo quedou patente a culpabilidade das dúas e agora tocará esperar para coñecer o fallo do xurado.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/ultimo_dia_xuizo_chancelas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/ultimo_dia_xuizo_chancelas.mp4{/flowplayer}