Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia

Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar. A gripe aviar distingue días zonas na provincia de Pontevedra, unha de alto risco, entre os que se atopan os concellos de O Grove, Sanxenxo, A Illa, Vilanova, Meaño, Cambados e Rubadimia e outra de especial vixianza que son os concellos de Pontevedra e que os están a beira do Miño e na enseada de San Simón. Os de especial risco están obrigados a censar as galiñas coas que conta cada familia co fin de actualizar os datos na Consellería de Medio Rural. Dende a Consellería de Medio Rural quixeron nesta xornada enviar unha mensaxe de tranquilidade deixando claro que non hai ningún foco nin brote nin nada que se lle asemelle de gripe aviar en Galicia. Os veciños dos concellos, considerados, de alto risco deberán censar as súas galiñas na propia casa consistorial dende que o desexen. Dende a Consellería de Medio Rural animan a todos os veciños a censar os animais que posúan co fin de contar cun control do volume e especies coas que conta cada unidade familiar na nosa comunidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/galina_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/galina.mp4{/flowplayer}