GALICIA> A través dunha proposición non de Lei o BNG fixo balance dos resultados do número de barcos desguazados dende que goberna o PP e pediu modificar os criterios dos Fondos europeos para destinalos á actividade pesqueira e non ao desguace de embarcacións. Neste sentido, o voceiro de pesca, Daniel Rodas, denunciou a indefensión do sector pesqueiro galego e as consecuencias das políticas do Partido popular e europea para o futuro da flota galega, O parlamentario insistiu en denunciar que non é de recibo o desguace cando foron aumentadas as cotas de pescada nun 49% e explicou que non ten entido dedicar 5,4 millóns de euros ao desguace de barcos de pesca de baixura como consecuencia das negociacións no reparto de cotas.
Inicio Galicia