A Xunta incrementa no 2014 a vixilancia e eliminación de puntos de verteduras

Conselleiro de Medioambiente e o Presidente de Augas de Galicia

A Xunta de Galicia incrementa no 2014 a vixilancia e eliminación de puntos de verteduras, como o que vén de arranxar no termo municipal de Poio. Esta actuación é unha mostra dos traballos que esta a facer o Executivo autonómico para lograr o saneamento das rías galegas.

Unha inspección conxunta co técnico municipal na que se verificou que o titular procedeu a arranxar o problema, quedando deste xeito subsanado o vertido contaminante cara ao Dominio Público Hidráulico O Goberno galego mantén un especial coidado nas inspección deste tipo de verteduras, xa que afectan a contornas fluviais e marítimos, entre outros, causando graves problemas de contaminación, tanto á fauna, á flora e aos habitantes das zonas afectadas A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Plan de Control de Vertidos (PCV), dependente do organismo autonómico Augas de Galicia, vén de poñer solución a unha vertedura procedente dun inmoble particular sito na rúa Monte Saíñas, no lugar de Lourido, pertencente ao concello pontevedrés de Poio. As distintas actuacións que lograron á eliminación do punto de vertedura, iniciáronse tras detectar os técnicos do PCV, nunha inspección rutineira dentro do termo municipal do Concello pontevedrés de Poio, que contía aportes contaminantes cara á ría de Pontevedra procedentes da vivenda. Despois da detección de dito punto de contaminación, o persoal de Augas de Galicia, nunha inspección conxunta con representantes do Concello, solicitaron a estes un plan de actuacións para eliminar dito aporte de augas residuais que vertía sen depuración previa directamente á ría de Pontevedra. Vertedura enmendada Recentemente, realizouse unha nova inspección conxunta co técnico municipal na que se verificou que o titular procedeu a conectar as augas residuais da vivenda cara á rede de saneamento municipal, recentemente instalada na zona de Monte Saíñas, quedando deste xeito subsanado o vertido contaminante cara ao Dominio Público Hidráulico. A Xunta de Galicia mantén un especial coidado e interese nas inspección deste tipo de verteduras, posto que afectan a contornas fluviais e marítimos, entre outros, causando graves problemas de contaminación, tanto á fauna, á flora e aos habitantes das zonas afectadas, sobre todo, nas que as verteduras caen directamente ás rías de Galicia, como resultou neste caso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí