Tres detidos cando tentaban roubar nun bar de Padrón

PADRÓN> Axentes da Garda Civil de Padrón, en colaboración coa policía local, detiveron a tres individuos, veciños de Ribeira, cando intentaban roubar nun bar da localidade. Foi un veciño quen dou a voz de alarma ó sorprender ós ladróns forzando a porta de entrada do establecemento. no momento da detención, os tres imputados portaban unha lanterna, luvas de latex e diversas ferramentas para o forzado de portas e fiestras. Tras pasar a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Padrón, os tres detidos foron postos en liberdade con cargos.