O goberno sonense aparta das súas competencias á edil Asunción Torres

    PORTODOSON> A medida foi tomada pola falla de confianza e as reiteradas faltas á disciplina de voto do equipo de goberno. O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, compareceu esta mañá en rolda de prensa para anunciar a decisión de retirarlle á edil Asunción Torres as súas competencias coma concelleira delegada en materia de Cultura, Educación, Relacións Veciñais e Sanidade no equipo de goberno. A decisión suporá ademais a súa substitución nas comisións informativas pertinentes nas que estea designada como titular ou suplente. Segundo o rexedor local, que apareceu ante os medios acompañado da totalidade dos edís do grupo popular, a excepción da concelleira díscola, trátase dunha postura longamente meditada e consensuada entre tódolos membros do grupo municipal. O alcalde informou ademais que a decisión tomada tamén lle foi comunicada á executiva provincial do PP que decidirá agora as medidas a tomar contra a propia Asunción Torres. As competencias en Educación e Sanidade serán asumidas a partir de agora pola edil Ana Maneiro, as de Cultura por María Maneiro e as de Relacións Veciñais polo propio alcalde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/concellosonmedidascontraasunciontorres0905141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/concellosonmedidascontraasunciontorres090514.mp4{/flowplayer}