Solidariedade, deporte e cultura marcarán o Nadal do Son

    PORTO DO SON> O acendido do alumeado previsto para mañá ás oito da tarde marcará o inicio da programación de Nadal en Porto do Son co acendido do alumeado. A partir de entón, música, deporte e animación infantil conformarán un amplo programa de actividades que culminarán o día cinco de xaneiro coa gran cabalgata de Reis.

    Un festival de música e a carreira nocturna de orientación que se desenvolverán o sábado 14 marcan o inicio dunha ampla programación deseñada polo departamento de cultura para estas festas. Unha das máis destacadas será o festival ‘ O Son da Solidariedade’ organizado en colaboración coas escolas deportivas.

    Como cada Nadal, os nenos serán protagonistas destas datas con obradoiros, animación, o tren infantil ou unha chocolatada na igrexa de San Vicente de Noal. Como novidade, procederase á instalación dun mercado navideño co fin de dinamizar as compras no comercio local.

    As actividades chegarán á súa fin o día cinco coa chegada dos Reis Magos na tradicional cabalgata. Se desexan consultar a programación detallada de cada xornada, poden facelo na páxina web do concello.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí