Os pais do Fernández Varela piden a Educación que aclare o futuro do centro

A POBRA> A maior parte dos pais do colexio Fernández Varela seguen a opoñerse ó peche. A concellería de Educación estudo o traslado do módulo de infantil ó colexio de Bandaseca, sempre e cando conte coa aprobación da comunidade educativa.

O traslado dos alumnos do colexio de infantil Fernández Varela da Pobra proposto polo goberno municipal segue sen contar co apoio maioritario dos pais. Remitirán un escrito á Xefatura Territorial de Educación para que lles aclare o futuro do máis de medio cento de alumnos con que conta o centro.

O tema centrou parte do último pleno ordinario da Pobra no que os pais solicitaron información  sobre o traslado para coñecer de quen partiu a iniciativa e en que fase se atopa o procedemento.

A proposta do goberno pasaría por trasladar ós alumnos do Fernández Varela ó Colexio Salustiano Rey Eiras que conta cun edificio baleiro que podería converterse no módulo de infantil. Tan só sería preciso habilitar os baños e a zona de comedor cun investimento non moi elevado.