O covid-19 deixa unha nova vítima mortal na área sanitaria Santiago-Barbanza

BARBANZA> Unha nova vítima mortal eleva a tres os falecidos por coronavirus na área sanitaria Santiago Barbanza en menos dunha semana. Trátase dun home de oitenta un anos que se atopaba ingresado no hospital clínico de Santiago con patoloxías previas.

A pesar deste novo falecemento, os datos amosan unha tendencia positiva posto que descende o número de casos activos que, con tres menos ca onte, sitúase en seiscentos cincuenta e nove.

O hospital do Barbanza segue sen rexistrar ingresos mentres que no Clínico de Santiago permanecen quince pacientes, un deles na UCI.

Na última xornada déronse cincuenta e catro altas o que eleva ata dous mil douscentos sete o número de pacientes curados dende o inicio da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí