Noia dispón dun novo vehículo destinado a labores medioambientais

NOIA> A súa compra foi posible grazas á achega da Dirección Xeral de Administración Local que sufragou o setenta por cento do importe.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, fixo entrega ó concello de Noia deste vehículo. A Xunta financiou o setenta por cento da compra que ascendeu a trinta e sete mil euros. Trátase dun vehículo híbrido destinado a labores medioambientais.

A directora xeral aproveitou tamén a visita para comprobar o resultado das obras levadas a cabo nas dependencias da casa consistorial que foron sufragadas con cargo á convocatoria de axudas de Vicepresidencia de preto duns trinta mil euros e que supuxeron, entre outros aspectos a mellora da iluminación e a dotación de novo mobiliario.

Este investimento vense sumar ás numerosas axudas que a consellería de Administracións Públicas veu destinando a Noia nos últimos anos. Entre elas, hai que destacar tamén a adquisición dunha máquina compacta para a mancomunidade Serra do Barbanza cunha achega de setenta mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí