AGE aposta en Ribeira polos dereitos da clase traballadora

    RIBEIRA> O salón de actos do conservatorio de Ribeira foi o escenario elixido para celebrar un dos actos centrais de ALternativa Galega de Esquerdas, coa participación da súa candidata ó Parlamento Europeo, Lidia Senra. A candidata da coalición de esquerdas fixo un chamamento á participación da militancia para que a clase obreira ocupe por fin un espazo na esfera reservada ós ricos. Neste acto, Senra estivo acompañada por Xosé Manuel Beiras quen incidiu tamén na necesidade de formar unha fronte de esquerdas para defender os dereitos dos traballadores que, dixo, están a ser expoliados. O líder de AGE fixo ademais un balance dos trinta e tres anos de autonomía e das máis de duas décadas dende a entrada de España na Unión Europea. Aludiu á expulsión dos caladoiros da flota galega e á agresión constante sufrida polo pobo galego.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí