OUTES> O concello de Outes repartirá este entroido preto de 3000 euros en premios no Concurso de Disfraces. Haberá ademais unha festa infantil e obradoiros de carautas e accesorios.
Os días previos á fin de semana grande de entroido, o concello de Outes ofrecerá xa actividades para os máis cativos. Trátase do obradoiro de carautas que se desenvolverá na casa da cultura os días 7 e 8 de febreiro pola tarde. O sábado 10, os pequenos seguirán a ser os protagonistas coa festa infantil no polideportivo municipal.
Como vén sendo tradición, o mércores de cinza será o día grande dos festexos en Outes co concurso de disfraces que repartirá preto de tres mil euros en premios.
Aqueles que desexen participar no concurso deberán inscribirse no enderezo animacion@outes.gal ou no rexistro do concello tanto presencial como de xeito electrónico. Tamén se admitirán inscricións o propio día do certame antes de que comece no polideportivo da Serra.











